O Concello de Arzúa informa que a Aula de Educación de Adultos abre o prazo para a matrícula dos cursos «Preparación das probas conducentes á obtención do título de graduado en Secundaria» ata o vindeiro día 8 de febreiro.
Estes cursos totalmente gratuitos, están dirixidos a todas as persoas maiores de 16 anos que cumpran os seguintes requisitos:
- Ter o graduado escolar.
- Desexar acadar o novo título cursando só 3º e 4º coa convalidadción dos dou primeiros curso
- No ter rematados os estudos nos centros ordinarios. Os/as alumnos/as que se atopen neste caso só se examinaran dos ámbitos suspensos xa que se lle convalidarán todas as materias que teñan aprobadas.
Os interesados en formalizar a súa matrícula ou solicitar máis información deben dirixirse ao Recinto Feiral «Terra do Queixo», 1º andar en horario de 17:00 a 22.30 h.
Asemade, anunciar que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de anunciar a convocatoria ordinaria para o ano 2013 da realización de probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional inicial.
Os interesados en formalizar a matrícula para os ciclos de grao superior (que remata o vindeiro 8 de febreiro), pódeno facer na Aula de Educación de Adultos do Concello de Arzúa onde tamén poderán acceder ao material didáctico para a súa preparación.