Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Aberta a convocatoria para a participación na Rede Cultural 2013 da Deputación da Coruña

Aberta a convocatoria para a participación na Rede Cultural 2013 da Deputación da Coruña

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa informa da apertura do prazo para participar na programación de actuacións da Rede Cultural para o ano 2013 da Deputación da Coruña, tal e como se anuncia no B.O.P. nº 233 do venres, 7 de decembro de 2012.

Por unha parte, para realizar actuacións, poderán participar nos programas as agrupacións de música, danza ou teatro que teñan residencia na provincia. Neste caso, os grupos interesados deberán realizar a solicitude antes do 21 de decembro.

Por outra parte, poderán recibir actuacións dos grupos incluídos no “Programa de Música e Teatro para grupos non profesionais”  todas aquelas entidades sen ánimo de lucro da provincia, que estean xuridicamente constituídas, e que teñan entre as súas finalidades a promoción da cultura. Neste apartado, a Deputación da Coruña volverá a publicar no BOP unha nova convocatoria coa que se abrirá un novo prazo para a presentación de solicitudes. O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa informará cando corresponda.

Poden informarse e conseguir os impresos achegándose ás instalacións municipais do Departamento de Cultura ou chamar ao 981 500 222 ou tamén consultar na páxina web da Deputación (www.dicoruna.es).

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email