Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

A exposición “Bo Camiño” contará con dúas visitas guiadas en Arzúa tras ser vista xa por máis de 1.000 persoas

A exposición “Bo Camiño” contará con dúas visitas guiadas en Arzúa tras ser vista xa por máis de 1.000 persoas

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa informa que os martes 22 e 29 de agosto ás 20:00h organízase na Capela da Madanela dúas visitas guiadas á mostra colectiva e multidisciplinar “Bo Camiño” que está exposta durante o mes de agosto en colaboración con Sumarte. Cada martes a comisaria da exposición, Cristina Carballedo, guiará aos asistentes polas vinte e tres obras expostas explicando a relación das mesmas e dos seus artistas co Camiño de Santiago, fío condutor desta galería que xa recibiu máis de mil visitas desde a súa inauguración, o pasado día 1 de agosto. Cristina Carballedo é coordinadora de exposicións e proxectos culturais, historiadora da arte, experta en interpretación e xestión de paisaxes culturais e guía de turismo.

Nesta mostra participan un total de vinte e tres artistas galegos como Jorge Agra, Óscar Aldonza, Isabel Alonso ou Camilo Seira e tamén hai representación local da man de Rebeca Novo. A exposición permanecerá aberta ata 31 de agosto de martes a venres en horario de sete a nove da tarde.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email