Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

A Escola Infantil de Arzúa acolle mañá a proposta musical “O son que me arrola”

A actividade, dirixida aos máis pequenos e pequenas da casa, achegará a cultura tradicional galega mediante cantos de berce.

O Concello de Arzúa en colaboración coa Asociación socio-educativa Antonio Gandoy vai desenvolver mañá venres unha actividade cultural na Escola Infantil ás once menos cuarto da mañá dirixida aos nenos e nenas tanto da propia escola como do programa “Espazo das familias”.

Baixo o título de “O Son que me Arrola” agóchase unha proposta musical que ofrece a posibilidade de achegar aos máis pequenos a cultura tradicional galega, da man dos cantos de berce, rimas e a instrumentación. Esta actividade ofrece tamén a posibilidade dun espazo lúdico onde a familia pode experimentar e manipular os diferentes instrumentos de percusión e outros realizados con materiais de refugallo.

O desenvolvemento desta actuación pretende achegar a tradición oral galega ás familias, ofrecer a posibilidade de experimentar e manipular con diferentes instrumentos e impulsar actividades axeitadas para o tramo de idade 0-6 anos.

A sesión constará de dúas partes. A primeira estará adicada á escoita e durará aproximadamente uns vinte minutos. A segunda, estará adicada á exploración dos instrumentos ata un máximo dunha hora? en total.

O alcalde de Arzúa, José Luis García, agarda que esta fermosa proposta sexa “do interese das familias do municipio xa que se trata dunha actividade que programamos coa intención de que resulte do seu agrado”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email