Arzúa é terra do queixo destino verde de Galicia paso dos peregrin@s

8º EMAX: Encontro mostra asociativa xuvenil Galicia-Norte de Portugal.

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e a Fundación Galicia Europa,en colaboración co Instituto Portugués do Desporto e Juventude, a Câmara Municipal de Braga e as Federaçôes Juvenis do Norte de Portugal, participan no 8º EMAX organizado pola Federaçâo Nacional das Associaçôes Juvenis de Portugal os días 9, 10 e 11 de decembro de 2016 en Braga (Portugal).

Finalidade:
o encontro ten por finalidade crear un espazo de aprendizaxe, animación, cultura e lecer que poida constituír un marco cualitativo na afirmación do asociacionismo xuvenil desta dinámica e rexión do Norte de Portugal e Galicia.

Data e Lugar:
No Auditorio VITA de Braga os días 9, 10 e 11 de decembro de 2016.

Destinatarios:
Mozos e mozas que sexan membros de asociacións xuvenis ou de grupos informais, de entre 18 e 30 anos.

Prazo de inscrición:
do 17 ao 27 de novembro de 2016
As prazas serán adxudicadas por rigoroso orde de inscrición, tendo prioridade as persoas que se presenten por asociacións xuvenís ou grupos informais que cumpran os seguintes requisitos:
– Se inscriban para participar na «mostra de Fazes», que consiste na presentación de boas prácticas asociativas ou proxectos.
– Que se inscriban para participar na mostra con música tradicional galega.
– Que se inscriban para participar na mostra expositiva.

Cobertura:
Aloxamento en réxime de pensión completa en cuarto de uso múltiple.
Haberá servizo de transporte dende Galicia a Braga, con saída o día 9 (en horario de tarde) desde A Coruña, con paradas en Santiago, Pontevedra e Vigo e regreso o día 11 ao remate do programa.

Para máis información galeuropa@xunta.gal

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp
Share on email
Email
Sede Electrónica
Perfil do Contratante
Portal de Transparencia