PROGRAMA 34ª MOSTRA GALEGA DE APICULTURA
1 de xuño de 2019, Centro do Queixo e do Mel – Arzúa
Nesta tradicional cita abelleira debatiremos sobre a comercialización dos produtos apícolas e como podemos aproveitar as nosas organizacións AGA e Erica Mel. Darémoslle un espazo central ás mulleres apicultoras, para amosar a súa aportación na apicultura galega, polo que lanzamos un convite especial para as socias de AGA a asistir. Falaremos doutros temas técnicos como o manexo da cera e teremos a feira apícola, coa participación de varias empresas de material, cera e arpas eléctricas, entre outras.
PROGRAMA:
PALESTRAS Na Pulpeira de Santa María
Ás 10 h. Mesa redonda: A promoción dos produtos apícolas dende AGA
Concurso Meles do País, Suso Asorey, voceiro de AGA; Laboratorio de AGA, Joaquín Lozano, veterinario;
Feiras do Mel, Paula Souto, técnica AGA e representante DAGAs
Ás 11 h. Mesa redonda: A muller na apicultura galega
Dulce Barro, directiva AGA; Loli Rodríguez, delegada DAGA Salnés; Maruxa Blanco, apicultora recén incorporada; Josefa Mª Durán Casal, socia de Erica; Jara Varela, cría de raíñas
Ás 12 h. Viaxe apícola a Grecia.
Por Helder Rodrigues, representante empresa grega Anel
Ás 12.30 h. Asemblea Xeral Erica Mel e debate aberto «a comercialización dos produtos apícolas»
Aberta a todos os socios e socias de Erica Mel, con voz e voto, e tamén de AGA, só con voz, para debatir as ofertas de servizos na comercialización dende a cooperativa ou propostas de servizos que sexan viables.
De 14 a 16 h. Xantar na Polbeira de Santa María (non é necesario reservar)
Ás 16.30 h. Prevención de riscos en apicultura.
Por técnico Sindicato Labrego Galego
Ás 17 h. A renovación da cera
A importancia da cera na saúde das abellas. Por Gonzalo Calvo, veterinario
Experiencia coa laminadora colectiva. Por Paco Graña, DAGA Carballo
Alternativas da cera en ecolóxico. Por representante Macmel
FEIRA MATERIAL APÍCOLA Na nave de Erica Mel
Material apícola e cambio de cera: Erica Mel, Macmel, Lyson, Carballal, Angel Romero e Leona Rehakova
Exposición de arpas eléctricas: SANVE, Fernando Cores, Benigno Fernández, Pablo Freire, Apícola Regueira e Vel-Zapper.
Material de segunda man: Para traer material hai que anotarse antes do 27 de maio
Entrega material subvención Plan Apícola
De 11 a 13 h. Obradoiro demostración laminado cera. DAGA Bergantiños
O MUNDO DO QUEIXO E DO MEL Na aula do Centro do Queixo e do Mel
Degustación-obradoiro: O mel na cociña. Por Noela Torres, restauradora
Mostra de queixos e produtos apícolas: Queixos Arzúa, San Simón, Requeixo das Neves, Erica Mel e Apiagro
Ás 13 h. Degustación cervexa con mel Estrella Galicia e sorteo kit protección colmear (zagalina, panel solar e 2 arpas) da DAGA Morrazo
PROGRAMA INFANTIL Na biblioteca do Centro do Queixo e do Mel
Actividades educativas sobre as abellas para nenos e nenas a partir de 3 anos
OUTROS SERVIZOS No Centro do Queixo e do Mel
Entrega tratamentos varroa (solicitados previamente), inscricións, seguro apícola, pago cotas, etc.