Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

2º Festival online de artistas locais «Arzúa queda na casa»

2º Festival online de artistas locais "Arzúa queda na casa"

Arzúa queda na casa continúa esta fin de semana con novas propostas online

 

Diversos artistas locais súmanse así á inicativa do Concello de Arzúa para amenizar as tardes de confinamento

 

O Concello de Arzúa, a través do seu Departamento de Cultura, que dirixe Aurora Varela, organiza para esta fin de semana unha segunda edición do festival online Arzúa queda na casa, unha proposta lúdica e alternativa na que diversos artistas locais amenizan as tardes de confinamento ofrecendo uns momentos de ocio grazas ao seu talento e bo facer no ámbito artístico, cultural e musical. Todas as actuacións comezarán ás 19:00h e poderanse visualizar no facebook.

O pistoletazo de saída desta segunda edición correrá a cargo mañá venres, día 17,  de Daniel Mato cunha pequena intervención á marimba e de Inés Lamas ao piano. Na xornada de sábado a Rondalla Moraima participará cunha reposición de varias pezas interpretadas o pasado mes de decembro no último concerto de Nadal e cunha videomontaxe na que os compoñentes desta formación interpretan “Historia de un amor” desde as súas casas. Ambas actuacións poderanse ver a través da páxina de Facebook Cultura Concello de Arzúa.

Por último, o domingo 19 de abril, o artista local Riquiño Boy ofreceranos un concerto composto de varios temas propios e un cover de Loquillo. Neste caso, poderemos velo na páxina de Facebook Riquiño Boy.

As actuacións previstas para esta fin de semana chegan despois da boa acollida que esta iniciativa tivo entre os vecinos en días pasados. As actuacións de Santi Villar e María Vázquez, Xan Veiga, Aldara, MJ Pérez e Lidia veiga superaron as 8.000 reproduccións, acompañándonos neste tempo de encerro e illamento social.

Dende o Concello, Aurora Varela queixo agradecer “a colaboración de todos os artistas e grupos participantes que, de xeito totalmente desinteresado, volcáronse con este proxecto desde o primeiro momento”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email