Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Mundo Rural e Sindicalismo Agrario a debate en Arzúa

O Curso de Verán, de 20 horas de duración, está destinado a un público plural e diverso, que teña como denominador común o interese pola situación actual do mundo rural e pola súa xénese histórica. En primeiro lugar, a estudantes universitarios de grao e posgrao que estean a cursar estudos no eido das Humanidades e das Ciencias Sociais, pero tamén en ensinanzas técnicas relacionadas co mundo rural (Enxeñería Agroalimentaria, Forestal, Veterinaría…). Tamén a axentes sociais activos en entornos e sociedades rurais, como labreg@s, funcionari@s de servizos públicos vencellados á agricultura, mestres, técnic@s e empresari@s agrarios, membros de asociacións veciñais e culturais, organizacións sindicais e partidos políticos… e en xeral a calquera persoa que desenvolva a súa vida cotiá nun entorno rural… De aí a elección de Arzúa (A Coruña), un concello rural representativo dunha economía de base agrogandeira, para a realización deste Curso de Verán da USC.

Para máis información poden entrar na páxina www.usc.es/histagra ou enviar un correo electrónico ao seguinte enderezo daniel.lanero@usc.es. Tamén poden chamar ao número de teléfono do Departamento de Cultura do Concello de Arzúa: 981 500 222.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email