Arzúa é terra do queixo destino verde de Galicia paso dos peregrin@s

13º CONCURSO «QUEIXO MAQUETÓN»

13º CONCURSO «QUEIXO MAQUETÓN»

13º CONCURSO «QUEIXO MAQUETÓN», ARZÚA 2022
PREMIO: 1.300 € EN CONCEPTO DE CACHÉ POLA ACTUACIÓN NO FESTIVAL DO QUEIXO
PRAZO LÍMITE ENTREGA DE MAQUETAS: 15 XANEIRO 2022

Podedes participar todos aqueles grupos ou solistas noveis españois que non teñades ningún álbum publicado, coa excepción dos autoeditados, ou que non teñades asinado ningún contrato discográfico. Só se admitirán traballos encadrados estilisticamente no pop-rock e as novas tendencias.

BASES
1º. Poderán tomar parte todos aqueles grupos ou solistas con residencia no Estado español que non teñan ningún álbum publicado, coa excepción dos autoeditados ou que non teñan firmado ningún contrato discográfico.

2º. Só se admitirán traballos encadrados estilisticamente dentro do pop rock e novas tendencias: Rock, Pop, Post Rock, Tecno Pop, Power Pop, Art Rock, Indie, Indie Pop, Electrónica, Electro Pop, Electroclash…

3º. O PRAZO de presentación de propostas remata o 15 DE XANEIRO DE 2022 ás 15 h. Este día ás 20 h, a dirección do Queixo Maquetón publicará o nome do grupo gañador que será contratado para actuar en Arzúa o sábado 5 de marzo de 2022. O concerto celebrarase aproximadamente ás 21:30 h.

4º. Todos os grupos ou solistas que desexen participar no concurso Queixo Maquetón 2022, deberán enviar un email a proxectoqueixomaqueton@gmail.com, onde nos farán chegar:

  • Os títulos das (3) tres cancións que se presenten a concurso, que deberán estar publicadas no Myspace, Bandcamp ou outras plataformas
  • Unha fotografía de calidade en formato JPEG (máx 10 Mb)
  • Una biografía do grupo/solista en formato DOC (Word ou similar)
  • Dirección, CP, teléfono, correo e a plataforma na que estean colgadas as cancións a concurso

5º. O gañador será elixido por un xurado, que estará formado por profesionais relacionados coa música e os membros da organización, e valorará especialmente a calidade musical da banda ou solista e o encaixe artístico na filosofía do festival. É imprescindible ter un repertorio propio dun mínimo de 30 minutos de duración. O gañador cede os temas presentados a concurso para o seu posible uso promocional do evento.

6º. O gañador deberá estar dado de alta na Seguridade Social antes do 5 de marzo de 2022 para poder ser contratado para actuar por un importe de 1.300 euros.

7º. O incumprimento total ou parcial das presentes bases será motivo de descualificación. A Organización do Queixo Maquetón resérvase o dereito de poder modificar total ou parcialmente as presentes bases e de colocación do grupo ganador no horario e escenario que estime oportuno.

PREMIOS

  • 1.300 € EN CONCEPTO DE CACHÉ POLA ACTUACIÓN NO FESTIVAL DO QUEIXO o sábado 5 de marzo de 2022 con cargo á partida orzamentaria 334.480.02 do vixente orzamento. O premio será aboado mediante transferencia bancaria.
  • ENTREVISTA PROMOCIONAL en Radio Arzúa e as redes sociais do evento.

 

Descargar BASES EN PDF

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp
Share on email
Email