Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Cruz Vermella Arzúa: 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres

Cruz Vermella Arzúa: 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres

8 de marzo, Día Internacional das Mulleres

O 70 por cento das persoas atendidas por

Cruz Vermella na provincia da Coruña son mulleres

  • A violencia machista, os estereotipos e roles de xénero establecidos, a brecha salarial, o teito de cristal e a falta de responsabilidade compartida no fogar e na familia, son algunhas das barreiras ás que se enfrontan mulleres e nenas do noso país cada día
  •  Cruz Vermella Xuventude pon en marcha a campaña ‘E ti… ¿Qué fórmula empregas?’ en distintas localidades da provincia da Coruña

 

Lograr a igualdade entre xéneros e o empoderamento de todas as mulleres e nenas é un dos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible para transformar o noso mundo,  aprobados por dirixentes mundiais en setembro de 2015 no cumio das Nacións Unidas. Cruz Vermella aposta por este objetivo, que se atopa inmerso de xeito transversal en todas as súas actuacións; así, no ano 2016, el 69,3% das persoas que participaron en proxectos específicos de intervención social da provincia eran mulleres.

 

Cruz Vermella dispón de recursos e proxectos específicos dirixidos a mulleres que sofren ou sufriron violencia de xénero e para as que se atopan en dificultade social, nos que se busca o seu empoderamento a través do desenvolvemento de diferentes actividades, ofréceselle asesoramento xurídico, accións de orientación e apoio psicosocial e acompañamento a recursos comunitarios.

 

A promoción da igualdade, a coeducación e a prevención da violencia de xénero dende idades temperás é outro dos obxectivos da organización, de feito Cruz Vermella o ano pasado traballou con 3.111 nenos e nenas da provincia sobre estas cuestión a través de campañas, talleres e charlas.

 

Na conmemoración do Día Internacional das Mulleres e baixo o lema «E ti… qué fórmula empregas?», Cruz Vermella Xuventude invita á poboación á reflexión sobre qué elementos, valores e situación son precisas para acadar a equidade de xénero. Farase a través de talleres de sensibilización en diferentes centros educativos da provincia e en espazos públicos. Con esta actividade búscase achegar á poboación algúns conceptos relacionados co feminismo tales como xogos de preguntas ou de cartas.

 

Ademáis a organización explicará nas súas redes sociais conceptos básicos tales como sororidade, feminismo e xustiza social, entre outros, que se atopan dentro das diferentes fórmulas que contribúen a eliminar as barreiras ás que se enfrontan as mulleres e nenas.

 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email