Arzúa é terra do queixo destino verde de Galicia paso dos peregrin@s

Día da PROBA DO VIH

O día 20 de outubro celébrase o DÍA DA PROBA DO VIH. Un dos principais obxectivos do Programa de Atención e Prevención do VIH de Cruz Vermella é favorecer a diagnose precoz da infección. En España calcúlase que un 30% das  persoas que viven co VIH descoñecen o seu estado e case a metade dos novos diagnósticos por infección VIH son tardíos, é dicir cando as persoas presentan xa un deterioro inmunolóxico considerable.

As persoas con VIH cando son diagnosticadas poden benficiarse do tratamento e dunha asistencia sanitaria integral, o que aumenta a súa calidade e a súa esperanza de vida.

Ademais, dende a perspectiva, de saúde pública, as persoas que descoñecen que teñen o VIH teñen un comportamento sexual de maior risco co que as posibilidades de transmisión a nivel poboacional e de reinfección son maiores.

Por iso, durante a semana do 17 ao 23 de outubro estase levando a cabo unha campaña de sensibilización e información sobre a conveniencia de realizarse a proba do VIH cando se viviu unha situación de risco. O lema desta campaña, en consoancia co proxecto de «Formación e sensibilización ante a descriminación polo VIH» que Cruz Vermella e Cruz Vermella Xuventude desenvolven en 16 asambleas, é o seguinte:  “De ti depende…#PruebaVIH”.

Como se pode ver no vídeo publicado en Cruz Vermella TV,  http://www.cruzroja.tv/video/9527/ , facerse a proba do VIH é moi sinxelo. Ademais, pódese consultar onde facela descargando a nosa app ou contactando co Servizo Multicanal de Información e Prevención do VIH.

DE TI DEPENDE #PRUEBA VIH

http://www.cruzroja.es/vih/

www.facebook.com/InformacionVIH

https://twitter.com/InfoVIHCruzRoja

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp
Share on email
Email
Sede Electrónica
Perfil do Contratante
Portal de Transparencia